NOVA WEB

O MEU temos nova web, renovada, dispoñíbel en http://www.movemento.eu . Ademáis, o grupo de centro de Medicina-Odontoloxía dispoñemos dun apartado para nós, ( http://www.movemento.eu/centros/medicina-e-odontoloxia ) co que clausuramos esta páxina, e integrámonos na páxina centralizada do MEU. A partires de agora, toda as nova de interese publicarémola en dita páxina.

Unha aperta.

Anuncio do Decano

O decano da nosa facultade vai presentar, xunto cun representante da XOPRA ( Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica ), unha folla de ruta, voluntaria, para a transición do actual plano de estudos ao adaptado ao EEES. A transición, que se fará en dous anos, será exposta aos estudantes do actual 2º de Licenciatura o día 30 de xuño ás 10ºº da mañá, no Salón de Actos, e aos alumnos de 3º de Licenciatura, ese mesmo día ás 12ºº no mesmo emprazamento.

Recalcar que a oferta será voluntaria, e que a solución da problemática da descentralización non vai ser esta para aqueles que non teñan interese en mudarse ao novo plano de estudos. Pola solución a dita problemática aínda teremos que agardar uns días.

Prazas Provisionais nas Prácticas de Verán

Como xa anunciaramos, esta semana saíron por fin as listaxes provisionais para as prácticas de verán de Medicina e de Odontoloxía. Como novidade, salientar que este ano os alumnos de 2º curso poderán facer prácticas en hospital.

Listaxe provisional – MEDICINA

Listaxe provisional – ODONTOLOXÍA

Lembrámosvos que o prazo de reclamación/anulación das prácticas remata o vindeiro xoves 23, e para iso tedes que enviar un mail a manuel.lareo@usc.es .

Unha aperta!

Crédito de L.C. das Xornadas

O doutor Freire-Garabal, responsábel académico das Xornadas da Sanidade Galega, informounos que todos aqueles que acudírades ás Xornadas da Sanidade Galega organizadas en conxunto polo MEU de Medicina-Odontoloxía e a Liga Estudantil Galega de Medicina-Odontoloxía , poderedes pasar pola UXA Norte a convalidar o crédito de Libre Configuración en torno aos días 17/20.  Non hai data fixa , dependemos do funcionamento da xestión da UXA Norte :). En canto saibamos algo, informarémosvos.

Así mesmo, a vontade do MEU de Medicina é repetir as Xornadas o vindeiro curso 2011/2012 , nunhas datas máis asequíbeis, e co crédito dispoñíbel para todas as titulacións. Quédanos un verán por diante para preparalas, e con moitas ideas. Agardamos tamén repetir a excelente colaboración cos nosos compañeiros da Liga Estudantil Galega para facer delas, unha experiencia moi positiva e enriquecedora.

Convocatoria: Prácticas de Verán

Tendo rematado o prazo da convocatoria o pasado 3 de xuño, seguimos agardando as confirmacións do asignamento de prazas das prácticas de verán. Debían ter saído este venres 10 de xuño, xa que non foi así, temos a esperanza de que esta semana teñamos xa por fin as listaxes, xa que coma sempre haberá un prazo especial de modificacións/alegacións/cancelacións.

Temos que agradecer de novo o traballo feito por ALEM para conseguir desta convocatoria o aumento do número de créditos de 3/4 a 7.5. O ano que ven, agardamos traballar todos xuntos na Xunta de Facultade para conseguir subir o tope máximo de créditos acadábeis por facer prácticas de verán, que seguen a ser 15.

Toda aquela xente co tope de créditos recompensables poden seguir facendo as prácticas mais non obterán ditos créditos :(

Unha aperta.

Novo Blogue

Benvidas e Benvidos a este blogue, no que pretendemos dar a coñecer as actividades, propostas e opinións verquidas dende o grupo de centro de Medicina-Odontoloxía do Movemento Estudantil Universitario (MEU), ademáis de novas de interese para todos os alumnos da nosa facultade. En breves días actualizaremos con novas de interese.
Permanecede atentos, e se tedes algunha dúbida ou suxerencia, non tedes máis que escribir a medicina@movemento.eu , ou ler que é o que denunciamos.

Recibide unha aperta.